100 anos do ferrocarril

100 anos do ferrocarril
unha imaxe antiga dunha das estacións de tren

O  día 5 de maio, deste ano 2013, cúmprense 100 anos da posta en funcionamento da liña do ferrocarril Ferrol – Betanzos, sen lugar a dúbidas, un dos grandes acontecementos de toda a comarca no século XX.

Este artigo só pretende dar a coñecer alguhnas curiosidades dende a súa inauguración ao día de hoxe, tales como: tipos de trens, tempo do percorrido, horarios, paradas e prezos.

Inaugúrase a liña con tres tipos de trens: tranvía, correo e mixto. O tempo da viaxe pouco varía dun a outro modelo; dende Ferrol a Pontedeume tardábase máis menos 55 minutos e de Ferrol a Betanzos, 1 hora 50 minutos. Dende as 05.52 horas da mañá que saía o primeiro tren en dirección a Betanzos, ata as 21.38 que chegaba o último. Hoxe temos trens rexionais, Talgo-tren-hotel e trens de mercadorías, tardan no percorrido Ferrol a Pontedeume aproximadamente 25 minutos e de Ferrol a Betanzos 55.

No ano 1913 e durante anos existiron tres clases de prezos: viaxe en 1ª clase, en 2ª clase e en 3ª clase. Hoxe só existe unha única clase. As paradas nos distintos concellos polos que discorre a liña, pouco cambiaron nestes cen anos, como se ve nos cadros.

Os prezos dos trens rexionais: o Talgo-Tren-Hotel só para en Pontedeume cun prezo de 11,70 euros (1.947pts.) e en Betanzos (cidade e Infesta) cun prezo dende Ferrol de 13,10 euros (2.180 pts.).

Esperemos que como mínimo dure outros cen anos máis a liña do ferrocarril entre Ferrol e Betanzos, e se pode ser que se achegue cada vez máis aos usuarios con novos trens, horarios e competitividade con outros medios de transporte.

100 anos do ferrocarril

Te puede interesar