“Tería que haber un plan de actuación contra a exclusión social para coordinar recursos”

“Tería que haber un plan de actuación contra  a exclusión social para coordinar recursos”
entrevista al presidente de lazos

Lazos Pro Solidariedade é unha entidade sen ánimo de lucro que presta axuda sociosanitaria e formativa a afectados polo VIH pero tamén desenvolve unha actividade asistencial moi importante.  A súa situación económica fai que as necesidasdes alimentarias –no seu local almorzan entre 35 e 50 persoas– escaseen e por iso lanzan un SOS chamando á solidariedade da poboación.

A quen presta axuda Lazos?
Traballamos tanto con poboacións especialmente vulnerables como con persoas afectadas polo VIH. Tamén, por outra banda, na área de inclusión e exclusión social, que sería actualmente a que soporta maior número de persoas nos programas que desenvolvemos.

Por que acuden a esta entidades e de que se nutren para poder prestar estes servizos?
As consecuencias da situación económica se traducen nunha maior bolsa de exclusión social. Estas persoas non só están en situación de desprotección, porque moitas delas non reciben axudas económicas senón que ademáis están desvinculadas dos recursos oficiales da rede e iso incrementa o número de usuarios dos nosos programas. Isto, que debería estar garantido polas propias administracións públicas non é así e nos encontramos con que, a data de hoxe, no ecuador do ano, non temos garantizados máis que 3.000 euros de ingresos para 2013 para un programa de prevención de mozos.

Entón, como poden seguir adiante?
A asociación, pola xestión eficiente que fai das axudas públicas, foi xerando unha bolsa de cartos que lle permite afrontar unha parte do ano con recursos propios ata que cheguen as subvencións. Por iso podemos manter os programas, senón teriamos que ter pechado mesmo en febreiro.

Foi preciso prescindir de persoal ou dalgún programa dos que levaban a cabo?
Sí, xa non temos programas dirixidos a usuarios de drogas inxectables, que foi un colectivo co que traballamos desde os inicios da entidade. Agora non temos programa de prevención nin de apoio a estes usuarios. Traballabamos no contexto no que consumían e facilitabamos útiles para prever infeccións, ademáis de ser unha ponte para pasar á rede normalizada e poder ofertar un abanico de tratamentos do plan autonómico nas unidades asitenciais, pero xa non existe.

Moitas entidades resisten grazas ó voluntariado, como é o caso de Lazos?
Temos un número aceptable de voluntarios, sempre hai oito ou dez cos que podemos contar. Nós somos partidarios de que os programas do ámbito da protección social non poden estar supeditados á voluntariedade da xente senón que ten que ser un programa garantista tanto para as persoas que acuden como as entidades que ofrecen os servizos, para garantir continuidade e calidade. Ten que tratarse de persoal técnico cunha relación laboral para desenvolver estes proxectos.

Cales son as necesidades máis urxentes da entiade?
As que demanda a propia ciudadanía. Hai moitas persoas sin ningún tipo de cobertura social, de prestación social económica, nin Risga, nin Renta Activa de Inserción, nin pensión, dependentes totalmente de servizos sociais. Non aparecen nas estadísticas, non teñen vivenda, e non aparecen en censos de ningun tipo, non poden acceder a cursos formativos que capaciten para un emprego, algo que podería ser a saída a súa situación, por iso é inalcanzable e inviable.

Os usuarios que se achegan a Lazos son da cidade ou veñen doutras áreas?
Hai moita xente doutras cidades, isto é propiciado pola dinámica de funcionamento do albergue. Acolle a moita xente de fóra porque permite estar moito máis tempo que outros. Non é algo negativo, o que ocurre é que este recurso non ten nada ó redor, non se contempla nada para cando saen dalí, por iso deambulan pola cidade e convírtese nun circuito redondo de ida e volta, no que a situación non se modifica por anos. Tería que haber un plan de actuación do goberno local contra a exclusión social, porque as entidades non temos información sobre os recursos da zona, horarios, atencións, etc e o Consello Social Municipal non se reúne dende hai ano e medio. Tampouco nos parece acertado o criterio do Concello de establecer convenios, porque non obedecen a un plan de actuación, non teñen criterios técnicos. Nós somos mesmo partidarios da concurrencia competitiva, si un goberno non ten servicios –aínda que apostamos polo público–,  hai entidades con solvencia técnica e recursos humanos e materiais para facelo e sería o modo axeitado.

“hai moita xente que pasa fame, non aparece nas enquisas pois non teñen vivienda nin axuda económica de ningún tipo, e non falamos de áfrica”

Pero dende o Concello fálase do aumento de axudas de emerxencia social, dos investimentos en Servizos Sociais...

Para nós o máis importante son as persoas e a día de hoxe hai quen está a pasar fame aquí, e non estamos a falar de África. Non se entende que ningún grupo político prime outras actuacións sobre a protección social. Ademáis, cada vez é máis complicado acceder ó Risga, aínda estando en situación de emerxencia. Asimismo, as prestacións son diferentes en cada comunidade e o que recibes depende de onde resides.

E o novo Banco de Alimentos que se vai por en marcha en Ferrol...
Nós gastamos máis de 200 eutros nos costes de traer os alimentos, polo que todo o que sexa reducir costes é positivo, pero pensamos que chega tarde. O plan 2013 rematará máis ou menos en marzo ou abril e cremos que Ferrol xa non chegarña a tempo, pois non están garantidas máis axudas europeas para os bancos.

Como membro da coordinadora estatal de entidades do ámbito do VIH mantivo recentemente unha entrevista coa ministra Ana Mato, como resultou?
A reunión se califica como positiva porque tras ano e medio pedindo encontros críamos que sería unha reunión de enfrentamento. Pero estivo basaeada no diálogo e nun compromiso para traballar nas cuestións que nos preocupan. Si é certo que algunhas cuestións non son negociables para nós como a derogación do real decreto que exclúe as persoas inmigrantes da sanidade porque vapulea os programas estatais de prevención do VIH. As nosas entidades traballamos na detección precoz e na diagnose, algo que non ten sentido cando despóis diso non se lles presta a atención para tratar a enfermidade. n

“Tería que haber un plan de actuación contra a exclusión social para coordinar recursos”

Te puede interesar