A Xunta destina ás entidades locais de Ferrolterra case 30.000 euros para iniciativas para a xuventude

A Xunta destina ás entidades locais de Ferrolterra case 30.000 euros para iniciativas para a xuventude
actividades en el campus de Esteiro

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou onte da resolución da orde de axudas destinadas ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas dirixidas á xuventude no ano 2019. As actividades están limitadas ás persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.

Segundo informan desde a Xunta, a Consellería de Política Social inviste máis de 500.000 euros destinados a apoiar este tipo de proxectos. Na comarca de Ferrolterrra fináncianse a través dun programa de iniciativas locais dirixidas á xuventude un total de 6 proxectos, que supoñen un investimento de case 30.000 euros. Os concellos nos que se levarán a cabo estas iniciativas son Cariño, Fene, Moeche, Pontedeume, As Pontes e Valdoviño.


Ovidio Rodeiro recalcou que “con estas iniciativas locais dirixidas á mocidade tratarase de fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, especialmente aquelas actividades enmarcadas nas áreas prioritarias de actuación”. .

Tipoloxía de proxectos
Así os proxectos susceptibles de recibir financiación son aqueles relacionados co emprendemento e a empregabilidade de mozos e mozas. Tamén a promoción de hábitos saudables e prevención de conductas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sesibilización e loita contar calquera forma de discriminación. Outra opción é a dinamización da información para a mocidade, ou o fomento de actitudes creativas e innovadoras para a xente nova na sua comunidade e contorna. Outra das áreas prioritarias de actuación sería o fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables. También se inclúen cuestións que favorezan a dinamización da lingua galega entre a mocidade, o fomento da participación e empoderamento das rapazas destas idades, a conservación e posta en valor do ambiente e o patrimonio cultural e natural así como cuestións como o desenvolvemento e dinamización do medio rural e a creación de espazos para a comunicación e as novas tecnoloxías.


Segundo informan desde a Xunta de Galicia, a contía máxima que se puido solicitar foi de 6.000 euros no caso das solicitudes individuais. Para as peticións conxuntas, a contía máxima da solicitude foi de 15.000 euros se a entidade ou agrupación está formada por dous concellos e de 22.000 euros no caso de estar integrada por tres ou máis concellos da zona.

A Xunta destina ás entidades locais de Ferrolterra case 30.000 euros para iniciativas para a xuventude

Te puede interesar