Valdoviño completa as obras de mellora da accesibilidade na contorna do centro de saúde

Valdoviño completa as obras de mellora da accesibilidade na contorna do centro de saúde
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-4c62c969

Coincidindo coas obras de mellora e accesibilidade que Concello e Consellería de Sanidade levaron a cabo no Centro de Saúde de Valdoviño, o alcalde, Alberto González, informou onte doutra actuación de reordenación das zonas de aparcadoiro do vial de acceso ás instalacións sanitarias.

O rexidor valdoviñés explicou que se procedeu á creación dun paso de peóns que une a beirarrúa coa nova rampla e plataforma de acceso á entrada principal do centro, co que se garante a mobilidade das persoas en cadeira de rodas, as que conduzan carriños de bebé e aquelas outras con mobilidade reducida. Así mesmo, tamén se habilitou un espazo  de 12 metros lineais de aparcadoiro reservado para persoas con diversidade funcional. Por último, e completando a intervención na zona, renovouse a sinalización horizontal de carga e descarga existente na estrada que conduce a Cedeira, perpendicular ó vial de acceso ó centro de saúde.

Estes traballos únense ós realizados nas propias instalacións médicas que, amáis das obras de accesibilidade, contemplaron a renovación da cuberta e o afianzamento dos piares do acceso que sirven de sustento para a cuberta da entrada principal. Estes traballos son froito da colaboración entre o Concello de Valdoviño e a Consellería de Sanidade, que cofinanciaron os investimentos necesarios para levar a cabo as acutacións.

Valdoviño completa as obras de mellora da accesibilidade na contorna do centro de saúde

Te puede interesar