Unha festa infantil abre hoxe o “Mes da Patria” no Concello de Fene

Unha festa infantil abre hoxe o “Mes da Patria” no Concello de Fene
A festa infantil incluirá variadas propostas durante toda a tarde

O Concello de Fene iniciará hoxe o programa de actos cos que, ao longo de todo xullo, celebrará o “Mes da Patria”. Os máis pequenos serán os destinatarios da festa infantil prevista para esta tarde, a partir das 18.00 e ata as 21.00 horas, na praza do alcalde Ramón José Souto González.


Correrá a cargo de La Guagua e incluirá xogos acuáticos, festa da escuma, batallas con pó de cores, música, xogos xigantes, camas elásticas e inchables de auga. A entrada será libre e de balde.


Entre as citas da próxima semana inclúese a actuación do afamado actor galego Xosé A. Touriñán, que o sábado día 15 presentará –ás 22.00 horas na praza do Concello– o seu espectáculo “Aquí tou!”. O reparto de invitacións comezará o vindeiro luns, ás 10.00 horas, na Casa da Cultura de Fene. Entregaranse un máximo de tres entradas por persoa ata esgotar as localidades dispoñibles. A función está recomendada para público adulto. En “Aquí tou!”, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos clave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.


Antes deste evento, o cartel do “Mes da Patria” contempla para o o xoves 13 o Festival de Habaneiras e canto coral e para o venres 14 o espectáculo “Chulises e os velocípedos”, de Fantoches Baj.
A programación continuará o xoves 20 co concerto de Trikitriki e Fillas de Cassandra; o venres 21 coa música de Ataque Escampe e Familia Caamagno; e o sábado 22 coa declaración institucional polo Día da Patria –a cargo da exconcelleira Ana Santiago– e a actuación de Airiños de Fene e a Banda de Gaitas de Ortigueira. 

Unha festa infantil abre hoxe o “Mes da Patria” no Concello de Fene

Te puede interesar