Terra Galega e ENE intercambian acusacións sobre a senda de O Val

Terra Galega e ENE intercambian acusacións sobre a senda de O Val
Na imaxe unha das mobilizacións dos veciños afectados pola senda que proxecta a Xunta de Galicia | daniel alexandre

O secretario xeral de Terra Galega e portavoz municipal da formación en Narón, Guillermo Sánchez Fojo, asegura que as críticas vertidas recentemente trala última visita de técnicos da Xunta ao Val con motivo do polémico proxecto da senda peonil por parte de Alfonso Casal, portavoz de,  Eleximos Narón Electores (ENE) son “falsedades”. Sostén Sánchez Fojo que “unha vez máis temos que desmentir cada unha das afirmacións sobre esta intervención feitas polo representante de ENE, nas que minte intencionadamente acusando ao equipo de goberno en xeral e a un concelleiro en particular duns feitos que nunca sucederon”, denunciou. 
Guillermo Sánchez defendeu a postura do goberno local sobre este procedemento, “tratando en todo momento de que a Xunta restablecera o diálogo cos veciños e veciñas afectados para evitar a perda dun investimento que ronda os 800.000 euros”.  O portavoz de TEGA en Narón aclarou que “o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, non enganou ás veciñas e veciños afectados polo proxecto e en ningún momento dixo que non eran necesarias unhas expropiacións para realizar estes traballos, e moito menos chamou á Garda Civil no momento en que o persoal técnico da Xunta estaba marcando o trazado, senón que unha patrulla, tal e como se pode constatar, pasaba pola zona naquel preciso momento e parou”, asegura.
Así mesmo, sinalan que representantes do equipo de goberno visitaron ata en tres ocasións aos particulares afectados por esta intervención para recoller as inquedanzas dos afectados e afectadas co fin de trasladarllas á Xunta nunha reunión, posteriormente para marcar o trazado vendo a viabilidade de acometer algunhas variacións sobre o proxecto inicial e, por último cos técnicos da administración autonómica, analizando a situación sobre o terreo.
Segundo Sánchez Fojo, “o portavoz de ENE continúa a practicar unha política destrutiva que trata de vender como positiva” e  incidiu no feito de que “é precisamente a través do diálogo como consideramos que se teñen que achegar posturas para tratar de buscar unha solución satisfactoria entre as partes, neste caso a Xunta de Galicia e os veciños con propiedades na zona pola que discorre o proxecto da senda, e non a base de falsas acusacións nin de engañar á cidadanía”. 
Peticións veciñais
Pola súa banda, desde ENE sosteñen que “desde o principio desde o Concello evitaron informar aos veciños afectados e a suposta acción polo diálogo do goberno local comezou por ocultar a Xunta a opinión dos propietarios con respecto á senda”. Tamén salientan que os propios veciños pediron aos gobernantes unha reunión en asamblea “á que se negaron”, engadindo que “é difícil enganar á asmablea, moito máis foado facelo cos veciños a modo individual.”
Alfonso Casal tamén lamenta que logo de pedir por rexistro o 18 de julio copia da información trasladada á Xunta con respecto as opinións dos afectados e que deberían ser trasladadas polo goberno local á Xunta nada se sabe, vaticinando que “non houbo transmisión oficial destas peticións como se encargaron de anunciar na prensa”. l

Terra Galega e ENE intercambian acusacións sobre a senda de O Val

Te puede interesar