San Sadurniño convértese en escenario de cine a nivel internacional

A cita terá lugar o venres 22
San Sadurniño convértese en escenario de cine a nivel internacional
Un momento do último Chanfaina Lab I DANIEL ALEXANDRE

O vindeiro venres, día 22, o concello de San Sarduniño tornarase plató da gran pantalla grazas ao II Encontro Alántico de Festivais de Cinema, unha cita concibida “como un espazo de diálogo e intercambio entre profesionais do sector audiovisual, con especial atención, esta ocasión, ao papel que representan os festivais en zonas rurais”, explican dende o goberno de Secundino García. 


O encontro dará comezo ás 12.00 horas cun acto de inaguración, antesala a unha mesa redonda orientada a profesionais do sector. Depois dun xantar popular pensado para “seguir tecendo redes”, a actividade será práctica e aberta ao público xeral grazas á visita guiada polo profesor Manolo González. O percorrido permitirá coñecer o patrimonio histórico e natural da contorna da localidade. 


As proxeccións comezarán ás 19.00 horas grazas as creacións do Chanfaina lab, que serán antesala de “Salvaxe, Salvaxe”, unha peza de Emilio Fonseco, que estará na sala xunto coa productora Xiana de Teixeiro. Entre ambos, achegarán o patio de butacas ao proceso creativo.


O peche virá con moita música na Sala Dzine. Su Garrido Pombo, coa súa mestura entre canción de autora e ritmos tradicionais, baixará o pano ás 22.00 horas. 

San Sadurniño convértese en escenario de cine a nivel internacional

Te puede interesar