Sábado 17.11.2018

San Sadurniño busca solucións ao problema do xabaril na bisbarra

O Concello de San Sadurniño convocou aos miunicipios da volta e ás entidades agrogandeiras unha carta convocándoos a unha xuntanza urxente prevista para esta tarde, ás 19.00 horas, no salón de plenos municipal.

Na imaxe un exemplar morto na estrada logo de bater cun vehículo, algo máis que habitual nas vías e camiños da contorna  | arquivo
Na imaxe un exemplar morto na estrada logo de bater cun vehículo, algo máis que habitual nas vías e camiños da contorna | arquivo

O Concello de San Sadurniño convocou aos miunicipios da volta e ás entidades agrogandeiras unha carta convocándoos a unha xuntanza urxente prevista para esta tarde, ás 19.00 horas, no salón de plenos municipal. O rexedor local, Secundino García Casal avanzou que “non se trata de falar de casos particulares, senón de ter unha visión xeral do problema e propoñer liñas de actuación para trasladarllas á Xunta, que é quen ten as competencias na materia a través das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente”. García tamén remarcou a “urxencia” de que o goberno galego “acometa o plan de choque contra o porco bravo que reequilibre a súa pobación” Tamén sosteñen desde o Concello que non se trata de exterminar os xabaríns, senón de mantelos en niveis ambientais sostielbes e evitar que prexudiquen as actividades agrícolas e gandeiras. O rexedor tamén sostén que o porco esta producindo moitas perdas aos gandeiros e considera que “deberían habilitarse axudas suficientes para compensar os danos ou para ue as explotacións poidan instalar medios de protección dos seus predios”. En calquera caso, sostén García Casal, “estas posibles solucións ou medidas compensatorias son as que queremos consensuar coas entidades do sector para que os organismos competentes as teñan en conta e as apliquen o antes posible”.
A devandita xuntanza están convocados os concellos de Narón, Valdoviño, Moeche, A Capela, Mañón, Cerdido, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño e As Somozas, ademáis de varias entidades relacionadas co ámbito gandeiro, que se ven afectadas pola presenza cada vez máis habitual destes porcos bravos, que atopan en concellos como San Sadurniño, con grandes áreas de monte nas que gorecerse e criar sen dificultades. l

Comentarios