Lunes 19.11.2018

Saen a contratación as obras para reformar a depuradora de Espasante

O Concello de Ortigueira informa que ata o vindeiro 12 de setembro está aberto o prazo para que as empresas que queiran optar á concesión das obras de reforma e adecuación do sistema de saneamento de Espasante poidan presentar as súas ofertas.

O Concello de Ortigueira informa que ata o vindeiro 12 de setembro está aberto o prazo para que as empresas que queiran optar á concesión das obras de reforma e adecuación do sistema de saneamento de Espasante poidan presentar as súas ofertas.
O orzamento dos traballos é de 158.936,16 euros, IVE incluido, e o prazo de execución de seis meses. As obras permitirán corrixir os problemas da Estación Depuradora de Espasante, que se remontan a 2008 cando foi entregada ao Concello, aínda que nunca chegou a funcionar correctamente. Ademais, as instalacións atopábanse nunha situación irregular porque carecían de concesión para a ocupación de terreos de dominio público, polo que o goberno de Juan Pebanad Muras tivo que tramitar permisos ante cinco organismos diferentes para solventar estes atrancos.
As obras afectarán ás estacións de bombeo da rúa Miramar e a situada na confluencia das rúas Hortas do Río e Praia, así como á propia estación depuradora. Nas dúas primeiras instalacións colocaranse unhas tapas axeitadas para impedir a saída de olores e levaranse a cabo a limpeza interior dos pozos, a colocación de novas bombas e a adecuación da condución eléctrica. Na EDAR acometerase o vaciado, limpeza e xestión de residuos así como a instalación de novos equipos para que poida funcionar con normalidade.
Coa execución destes traballos darase solución ao problema da depuración en Espasante e garantirase unha mellor calidade de vida para os veciños. Os pregos de condicións da contratación, con carácter ordinario, pódense consultar na plataforma de contratación do Estado ou no perfil do contratante do Concello. l

Comentarios