A polifacética Nuria Sotelo –ou Furia Sotelo– foi parte dos artistas presentes nas residencias Paraíso 2024, un programa pioneiro en Galicia, que ten un caracter anual, que incentivan dende o Colectivo PRM e vai dirixido á danza e ás artes vivas.
No caso de Sotelo, esta iniciativa desenvolveuse no Pazo da Cultura de Narón. Despois dunha semana de traballo, a artista levou ante o público o solo de danza «Sobre o extravío ou a arte de perderse»
Cómo foi o proceso da residencia en Narón?
Foi unha vivencia moi boa. É unha actividade moi necesaria e tiven a sorte de vivila moi ben acompañada. As instalacións son unha marabilla, ao igual que o equipo local.
A nivel persoal houbo unha boa acollida no espazo?
Sen dúbida. O acompañamento do persoal do Pazo da Cultura, dos técnicos e da técnica, foi envexables. A dispoñibilidade foi absoluta e sempre estaban atentos ás necesidades dos artistas.
Para o seu proxecto persoal que relevancia ten esta estancia?
Xa estrearamos unha versión para espazos non convencionais, pero agora necesitabamos unha versión para teatro, para o que foi imprescindible esta residencia técnica.
Como se desenvolveu esta tecnificación no Pazo da Cultura?
Aproveitamos para facer un de-seño de iluminación para os teatros, ao mesmo tempo que retomei todos os materiais físicos e adaptalos a espazos máis grandes xa que a escenografía é unha parte esencial nesta obra na que hai moita manipulación de obxectos.
Esta obra leva tempo dentro dos seus proxectos pero, representa algo estático?
Empezamos en novembro do ano pasado, curiosamente, noutra residencia artística, pero este espectáculo, que é de Ana Vallés, se traballa coa creación. Non hai nada preconcebido a pesar de que partimos dunhas ideas, imaxes ou textos.
Ademais deste poxecto, que máis hai na recámara?
Sempre está presente o proxecto da Casa Vella, un espazo de creación do que son codirectora. Este enclave foi partícipe do desenvolvemento da obra de Vallés pero, ademáis é un punto clave para a creación artística e a dinamización social e cultural do noso territorio.