Narón prepara un programa de exercicio adaptado a persoas con enfermidades crónicas

Narón prepara un programa de exercicio adaptado a persoas con enfermidades crónicas
O prazo de presentación de solicitudes abrirase do 1 ao 15 de setembro | cedida

O Concello de Narón retoma o seu programa “Actívate”, dirixido a persoas empadroadas no municipio, maiores de 18 anos, que padezan algunha enfermidade crónica e queiran facer exercicio adaptado “para axudar ó seu corpo a levar mellor os procesos” da doenza.
 

Outros obxectivos desta iniciativa son compartir e relacionarse a nivel social, traballar as habilidades sociais e persoais e a xestión emocional. “Trátase dunha abordaxe bio-psico-social que leve ás persoas a acadar un maior benestar en todos os ámbitos”, apuntan dende o consistorio.
 

O programa desenvolverase entre os meses de outubro e decembro deste ano nas instalacións do Centro Cívico Social de Xuvia, cun número total de 20 prazas, divididas en dous grupos. No primeiro deles, as clases impartiranse os luns e os venres de 10.00 a 11.30 horas. Na segunda quenda, a iniciativa desenvolverase os martes e os venres en horario de tarde, concretamente de 16.00 a 17.30 horas.
 

Dende o executivo local informan de que poderán realizarse as solicitudes –a partir do 1 de 
setembro– a través da Sede Electrónica ou no Rexistro Municipal.
 

As personas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1115 e 1108).

Narón prepara un programa de exercicio adaptado a persoas con enfermidades crónicas

Te puede interesar