Narón destina 433.000 euros á ampliación da rede de saneamento no Val e Castro

Narón destina 433.000 euros á ampliación da rede de saneamento no Val e Castro
Un momento da visita da alcaldesa e a concelleira ao CEIP Ponte de Xuvia

O goberno local de Narón continúa avanzando na implantación da rede de saneamento nas parroquias do termo municipal. Así o destacou a rexedora, Marián Ferreiro, quen anunciou o próximo inicio dos traballos que permitirán ampliar a rede deste servizo e a dotación do de auga potable no lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val, e no de Borreiros, na de Castro, así como renovar os servizos de auga e alcantarillado na rúa Chantado, no Alto do Castiñeiro. “Trátase de tres actuacións moi necesarias, ao igual que as que acometeremos nos vindeiros meses con cargo ao orzamento municipal, e que nestes tres casos concretos do Val, Castro e o Alto suporán un investimento para as arcas locais de algo máis de 433.000 euros”, explicou Ferreiro.
A ampliación da rede de saneamento en Vilacornelle adxudicouse por un importe de 188.550 euros. Os traballos, que darán comezo nun prazo aproximado de dez días, tal e como apuntou Ferreiro, permitirán dotar do servizo a un total de 22 vivendas. No mesmo período está previsto o inicio das obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento en Borreiros, para dezasete casas e cuxos traballos se adxudicaron en 97.249 euros. 
En canto á reposición de servizos de auga e alcantarillado na rúa Chantada, no Alto do Castiñeiro, a actuación contratada polo Concello supón un investimento de 148.000 euros. “A maiores destas intervencións, atópanse entre as prioritarias aquelas que nos permitirán ampliar a rede de saneamento e abastecemento na zona rural, que suporán un desembolso de 1,4 millóns de euros”, subliñou a rexedora.
Nos vindeiros meses levaranase a cabo novas obras para dotar do servizo de auga e alcantarillado a outras casas localizadas en lugares do Val, Pedroso ou San Mateo, entre outras. l

Narón destina 433.000 euros á ampliación da rede de saneamento no Val e Castro

Te puede interesar