Narón abre a inscripción en tres accións para o Nadal do Servizo de Normalización

Narón abre a inscripción en tres accións para o Nadal do Servizo de Normalización
Na imaxe un dos negocios do habitual mercado de Nadal naronés, que abre o prazo de reserva de posto o vindeiro luns | AEC

O  Concello naronés programou a través do Servizo de Normalización Lingüística varias actividades para o Nadal que requiren inscrición previa. Así o indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que avanzou que se trata de tres propostas que se desenvolverán en tres instalacións: no Alto, O Couto e A Gándara. As propostas son de balde pero hai que anotarse antes. Para facelo deben escribir un correo electrónico á dirección a.pita@naron.es indicando o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o do pai, nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por orde de inscrición.
 

A primeira das citas será “Contos maimiños”, de Migallas Teatro, o 20 de decembro ás 19.00 horas no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. Trátase dunha sesión de narración oral para nenas e nenos de 0 a 3 anos e as súas familias (máximo 25 menores). Historias, cancións e xogos tradicionais forman parte desta proposta, a través da que se aposta por espertar dende os primeiros meses de vida das crianzas o apego á lingua galega.
 

O día 21 de decembro terá lugar “Son no berce”, de A Cova das Letras, un espectáculo centrado nos estímulos sensoriais (imaxes, palabras, tactos diversos, olores e música en directo). A cita será no Centro Cívico Social do Couto, con dúas sesións, unha ás 18 e outra ás 18.30 horas e está pensada para menores de 0 a 3 anos tamén, cun límite de 15 nenos por sesión, acompañados dun adulto. Esta actividade está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (programa Nadal en Rede), en colaboración co Concello  naronés.
 

Finalmente, o 4 de xaneiro, ás 17.30 horas, a Casa da Mocidade e as inmediacións da Praza da Gándara acollerán o obradoiro “Cantámosche os Reis”, de Pablo Díaz (a parte teórica e de ensaio e a posta en práctica, respectivamente). Trátase dunha proposta aberta á participación da cidadanía en xeral (recomendada para nenos con hábito lector) e na que colabora a Asociación de Comerciantes de Narón, a través do programa “Narón gaña co galego”. O artista Pablo Díaz impartirá este obradoiro de cantos de Nadal, Aninovo e Reis, coa finalidade de recuperar a tradición oral galega, promover e reforzar a celebración do Nadal en galego e visibilizar o comercio local de Narón. Así mesmo, o Concello anima a felicitar o Nadal en galego, ofrecendo o Servizo de Normalización Lingüística para aquelas persoas que desexen que lles revisen o texto das súas postais, podendo envialo á dirección: a.pita@naron.es. Tamén poden informarse ou utilizar recursos dispoñibles na web
 

Colexios

Por outra parte, o Concello instalará do 19 de decembro ao 4 de xaneiro na Praza da Gándara un Mercado de Nadal. Co fin de ocupar os postos, o vindeiro luns día 12 abrirá o prazo para anotarse, que pechará o xoves 15 ás 13.00 horas. As persoas con licencia de venda comercial e que vendan produtos artesáns, agasallos, artículos de decoración de Nadal que esteab interesadas en instalarse nalgún dos postos deben escribir un correo electrónico á dirección me.mendez@naron.es, indicando o seu nome e apelidos, os produtos que desexa vender, un teléfono de contacto e un correo electrónico para realizar a tramitación. Os postos adxudicaranse por orde de solicitude e terán preferencia á hora da concesón os veciños de Narón.  O mercado estará operativo en horario de tarde, (17 a 20 h.), agás o día de Nadal e Aninovo.

Narón abre a inscripción en tres accións para o Nadal do Servizo de Normalización

Te puede interesar