A IV Asemblea nacionalista 6 (LXX)

A IV Asemblea nacionalista 6 (LXX)
Enrique Peinador

A cuarta sesión, iniciada ás catro da tarde do día 19 no pazo consistorial, levantouse ás nove e media da noite. Na acta tamén se di que esa noite non se celebrou sesión con motivo das “conferenceas de afirmación nazonalista” que deron varios asembleístas na sociedade do Casino.
Das conferencias informaba o solto “De Monforte / Asamblea galleguista”de El Ideal Gallego, de 21 de febreiro de 1922, nos seguintes termos:
“A la noche, en el salón de actos del Casino hablaron los Sres. Peña Novo, Noguerol, Castelao, Risco y Quintanilla. Presentó a los oradores el Sr. Banet. Entre la concurrencia figuraban distinguidas señoritas. Los oradores fueron muy aplaudidos”.
A quinta sesión, dado que se decidira non celebrar sesión matinal, comezou ás catro e media da tarde do día 20. A acta recolle as ausencias dos irmáns Balboa, Castelao, Lousada Diéguez, Blanco Torres, Quiroga, Otero Pedrayo, Antón Sánchez, Montes e Villot e a presenza de Enrique Peinador, que non acudira con anterioridade. Púxose a discusión o tema da propaganda e a Irmandade de Ferrol propuxo que todas as seccións editasen obrigatoriamente un Boletín mensual como xa viña facendo a entidade ferrolá. Ramón Villar Ponte preguntou cantos membros serían necesarios para constituír delegación ao que o presidente respondeu que abondaría cun só irmán que tivese vontade de constituírse en tal. Os irmáns isolados que non se sentisen con forza para cubrir as obrigas serían subdelegacións da Delegación máis próxima.
A continuación presentouse a seguinte proposta asinada por Antón Villar Ponte, Manoel Antonio e Farruco Lamas: “Que se decrare a incompatibilidade da filiación nazonalista con calquera outra filiación política”. Peña Novo manifestouse en contra por estimar que o que se debía declarar era a incompatibilidade coas disciplinas. Sometido o asunto a votación a proposta inicial contou con 12 votos a favor fronte aos 8 que obtivo a modificada por Peña Novo.
Acto seguido, o propio Peña Novo propuxo que os nacionalistas poderían pertencer á redacción de calquera xornal, mais que ningún nacionalista podería publicar colaboracións de balde en publicacións de Galicia ou de empresas galegas que non fosen en galego.
Discutíuse despois do tema da propaganda e acordáronse estas conclusións:
1.- Propaganda entre os cregos.
2.- Propaganda nos sobres, que estudaría o Conselleiro supremo.
3.-Propaganda no adro, coa creación de Escolas provinciais gratuítas de formación de secretarios de sociedades agrarias.
4.- Editar o plan pedagóxico de Risco.
5.- Facer un catecismo de cousas galegas en galego.
6.- Facer a historia do nacionalismo galego.
7.- Axuda obrigatoria en todos os traballos de propaganda.
8.- Traballar pola creación da Escola de Arquitectura.
9.- Propaganda na Universidade para galeguizala.
10.- Traballar para conseguir a edición do catecismo católico en galego.
11.- Traballar para conseguir a reforma do regulamento notarial, para conseguir que os notarios e demais funcionarios xudiciais teñan a obriga de coñecer o noso idioma.
12.- Soster relacións cos prelados galegos e traballar para que un día chegasen a ser todos da Terra.
13.- Utilizar a subida de aranceis como medio de propaganda.
Finalmente, a Asemblea abordou as cuestións económicas sobre as que se tomaron os seguintes acordos:
1.- Que as delegacións pagasen ao Conselleiro o 10% dos seus ingresos, pagamento que habería que facer na primeira decena de cada mes, de acordo coas cotizacións do mes anterior. As delegacións que na data das Asembleas debesen dous meses non terían dereito a mandar persoeiros ás mesmas.
2.- Que os irmáns isolados desen un peso ao mes para os gastos do Conselleiro, sempre que non pertencesen a unha subdelegación, xa aue nese caso pagarían de acordo coa cota da delegación á que pertencesen.
3.- Cada votante pagaría un peso nas Asembleas, como dereito de inscrición.
Acordouse, ademais, que A Nosa Terra se convertese no orgo oficial da Irmandade Nazonalista Galega sendo obrigatorio para todas as delegacións e irmáns o sostemento do mesmo. O director do boletín sería nomeado polo Conselleiro supremo, que podería arredalo do cargo cando lle parecese oportuno. O único responsable da orientación e dirección d’A Nosa Terra perante as Asembleas sería o Conselleiro supremo.
Acordouse temén que o Conselleiro supremo levase o rexistro oficial de todos os nacionalistas galegos do mundo, con toda clase de datos. As delegacións deberían contribuír á formación dese rexistro.
Acordouse, así mesmo, que se fixese un concurso para que a Irmandade Nazonalista Galega tivese un himno.
E non habendo máis que tratar levantouse a sesión e deuse por finalizada a Asemblea.
Non obstante, a actividade dos nacionalistas en Monforte non acabou aí, xa que a continuación do peche da Asemblea tivo lugar un mitin no Teatro da localidade.
O solto “De Monforte / La Asamblea galleguista” do número de 22 de febreiro de El Ideal Gallego daba noticia do mesmo do seguinte xeito:
“A las diez de la noche se celebró en el Teatro el anunciado mitin que dieron los asambleistas contra el Arancel vigente, que grava el maíz, causando un gravísimo perjuicio a la ganadería gallega.
Hizo la presentación de los oradores el Sr. Banet Fontenla, explicando además el por qué del acto que se realizaba, consignando su más enérgica protesta contra el Arancel, que corta una de las principales fuentes de riqueza del país.
A continuación el Sr. Villar Ponte leyó un discurso en el que afirmó que Galicia está siendo continuamente vejada por los Gobiernos y las demás regiones de España, lo que nos está bien empleado, porque nada se hace para evitarlo.
Todas las demás regiones, dice el señor Villar Ponte, necesitan del Estado, pero no así la gallega, que por sus condiciones y por su situación geográfica puede vivir desligada de España, constituyendo una de las principales nacionalidades de Europa.
Habló después el Sr. Noguerol.
Los Gobiernos, dice, desatienden por completo Galicia y los gallegos no deben pedir sino exigir que cese tan anómala situación. Seguidamente, hizo uso de la palabra el Sr. Peña Novo, asegurando que ellos personalmente nada son, pero sí colectivamente, pues representan a Galicia.
Indica que ésta tiene su idioma, que tiene el merecimiento supremo de ser de nuestros abuelos, y que tan solo lo hablan los labriegos y no las señoritas que lo desdeñan, y que así como cuando el idioma, que es la expresión de un pueblo, es despreciado, también es despreciado dicho pueblo, y considerado inferior a otros.
D. Jaime Quintanilla habla a continuación. Niega que el movimiento regionalista sea retrógrado.
Cerró los discursos el Sr. Risco, explicando a qué obedece el movimiento nacionalista gallego. Afirma que nuestra región se va desgalleguizando, y esto es precisamente lo que tratan ellos de evitar. Concluyó diciendo que hay que hacer una activa campaña contra el Arancel, que tanto daño causará a los intereses del país, y haciendo un llamamiento a los buenos sentimientos del pueblo monfortino para remediar el hambre que tantos estragos causa en Rusia.
Algunos de los oradores se han expresado en términos exageradamente violentos”.
Este final resulta curioso e moi actual. Acúsase sen amosar proba ningunha de palabras ou frases saídas de ton.
Lembrar, así mesmo,que na implantación do Arancel proteccionista, que beneficiaba sumamente a Cataluña e prexudicaba seriamente a Galicia, tivo moito que ver o líder da Lliga Francesc Cambó, cando formaba parte,como ministro de Facenda, do chamado Goberno Nacional de Maura (agosto de 1921 - marzo de 1922).

A IV Asemblea nacionalista 6 (LXX)

Te puede interesar