Unha imaxe aérea do mosteiro de Caaveiro gaña o concurso fotográfico Concello da Capela

Unha imaxe aérea do mosteiro de Caaveiro gaña o concurso fotográfico Concello da Capela

O Concello de A Capela entregou onte os premios II Concurso de Fotografía Concello da Capela. O obxectivo deste certame é o de difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural da vila, na que destacan elementos como o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume. A iniciativa persegue tamén promover a defensa ambiental e o ecoloxismo. A temática desta convocatoria, que contou co patrocinio da Deputación de A Coruña, foi o patrimonio etnográfico neste concello.
O 3 de novembro tivo lugar a valoración das propostas presentadas a esta edición, con 124 fotografías. O xurado estivo integrado por un nutrido grupo de profesionais da fotografía, entre os que destaca o fotógrafo de Diario de Ferrol Jorge Meis. Tamén estivo presente o titular de Cultural do Concello da Capela, Emilio Riobó e Victor Caneiro, da empresa organizadora, Eventi.
Mariano Carnevale, veciño de A Capela, gañou o primeiro premio, valorado en 500 euros, por unha imaxe aérea do mosteiro de Caaveiro. O segundo premio, dotado, con 250, foi para Alberto Leiras, de San Sadurniño, e unha imaxe nocturna da capela de As Neves. O terceiro recaeu en Cony Anca, de Fene, cunha foto do mosteiro de Caaveiro. l

Unha imaxe aérea do mosteiro de Caaveiro gaña o concurso fotográfico Concello da Capela

Te puede interesar