O que fora cura de Xestoso (Monfero) pide retirar as referencias a Irsael da liturxia

O que fora cura de Xestoso (Monfero) pide retirar as referencias a Irsael da liturxia
Homenaxe ao "Cura de Xestoso" no 2017 I AEC

Luís Rodríguez, coñecido como o “Cura de Xestoso” –por ter oficiado misas nesta parroquia monferesa–, anunciou a súa decisión de retirar todas as referencias a Israel das súas liturxias despois do acontecido nas últimas xornadas na guerra.

 

Nun comunicado, o sacerdote que actualmente desenvolve as súas funcións en Guitiriz, sinala que a súa decisión vén a raíz dos “bombardeos indiscriminados” de Israel contra a franxa de Gaza, “e matando a xente civil...sen admitir os feitos terroristas de Hamas”, engade.

 

Rodríguez pide, ademais, que “todos os sacerdotes que non queiran ferir aos fillos de Deus que aman a paz e que respectan a autodeterminación do pobo palestino”, non mencionen a palabra Israel nas súas celebracións, “e menos cun sentido de pobo que ama a verdade ou como a nova Igrexa”. “Iso mesmo fixémolo algúns en relación coa violencia de xénero e o machismo de moitas celebracións e, en especial de oración”, apunta. “Xesús naceu en Belén (Palestina), creceu en Nazaret (Palestina) e morreo en Xeruralén (Palestina)”, culmina.

O que fora cura de Xestoso (Monfero) pide retirar as referencias a Irsael da liturxia

Te puede interesar