A Concellería de Deportes de Fene lembra que o día 26 pecha o prazo de inscripción para tomar parte nas xornadas de bautismo de mergullo que organiza en colaboración co CAS Nautilus.
Para os máis pequenos –entre 10 e 14 anos– será una proposta gratuita e terá lugar na piscina municipal de Centieiras entre as 17.00 e as 18.00 horas.
Tamén este día será a quenda dos máis maiores –nesta ocasión cun prezo de 6,25 euros por persoa–, que poderán elixir entre a piscina ou, ao día seguinte, a praia de Chanteiro.
En ambos casos as prazas están limitadas a 12 participantes e a reserva terase que realizar de forma presencial nas oficinas do departamenmto municipal de Deportes, situado na Avenida Naturais 44, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas.