FENE - Noventa anos de historia na Sociedade Instructiva de Limodre

FENE - Noventa anos de historia na Sociedade Instructiva de Limodre
Homenaje a la Sociedad de Instrucción Hijos de Limodre

Tal día como onte, pero de 1925, fundábase a Sociedade de Instrucción Hijos de Limodre. Da man dos emigrantes da zona na Habana xurdía así un movemento que dous anos mais tarde traduciríase na posta en marcha da Escola de Limodre, un centro que, tras formar a moitas xeracións, viuse obrigado ao final do pasado curso a pechar as súas portas por decición da Consellería de Educación debido ao baixo número de alumnos matriculados.
O importante papel desenvolvido pola escola ao longo de todos estes anos na parroquia fenesa quedou onte de manifesto no decurso da celebración do 90 aniversario da Sociedade de Instrucción Hijos de Limodre. Conducido polo xornalista Nicolás Vidal o acto quixo render tributo ás persoas que formaron parte da xuntas directivas que fixeron posible o mantemento do proxecto no tempo. Contouse así coa intervención dos dous últimos presidentes da entidade, Arturo Rey e Jesús Bello, que compartiron cos asistentes as súas lembranzas e experiencias como membros da mesma. Medio cento de persoas, entre as que se atopaban representantes do Concello local, secundaron unha cita celebrada na sede compartida entre a propia sociedade e a Asociación de Veciños de Limodre, que tamén comparten directiva. A homenaxe de onte incluíu a reprodución da acta fundacional así como dun cadro co nome dos directivos e cargos que pasaron pola sociedade.
O programa do 90 aniversario concluirá o sábado 21 de novembro cunha festa de encontro de exalumnos da escola de Limodre, á que se anima a participar a todos os interesados. Contarase coa actuación folk de BOJ.

FENE - Noventa anos de historia na Sociedade Instructiva de Limodre

Te puede interesar