Martes 20.11.2018

Unha exalumna do colexio As Mirandas de Ares obtén o premio extraordinario de ESO

A exalumna do CPI As Mirandas Verónica Rodríguez Martínez vén de acadar o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2017/18

Verónica Rodríguez percibirá ademais un premio económico
Verónica Rodríguez percibirá ademais un premio económico

, concedido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Verónica Rodríguez, que rematou 4º da ESO o pasado curso académico cunha nota media nesta etapa de 9,86 séndolle concedida Matrícula de Honra, recibirá ademais dun diploma acreditativo un premio dotado con 750 euros. Xunto á estudante aresá, outros 19 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos de Galicia foron garlardoados con esta distinción, que figurará nos seus expedientes académicos e lles permite optar agora aos premios nacionais de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
O desenvolvemento das probas tivo lugar o 6 de setembro pasado e estruturouse en dúas partes. Por unha banda se lles formularon cuestións referidas ás materias de cuarto curso de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Litertura e Primeria Lingua Extranxeira. Na segunda parte os alumnos tiveron que responder a cuestións teóricas ou prácticas de Xeografía e Historia; unha materia xeral do bloque de troncais cursadas (matemáticas académicas ou aplicadas) e unha materia a escoller de entre as opcións de Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín Ciencias aplicadas á Acitividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial ou Tecnoloxía.
Desde o CPI As Mirandas lembra que estes premios “teñen como finalidade dar un recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado nesta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal”.

Comentarios