Esta semana remata o período de inscrición para as propostas artísticas en Valdoviño

O profesor e escritor Antón Cortizas encargarase de conducir as sesións do Foro Galego Literario
Esta semana remata o período de inscrición para as propostas artísticas en Valdoviño
Manuel Carballeira volverá estar a cargo da aula de artes plásticas | Cedida

O Concello de Valdoviño ten aberto o prazo, até o xoves, para os interesados en formar parte do Foro Galego Literario, da aula de artes plásticas e da escola de música. Estas actividades desenvolveranse na biblioteca municipal e nos locais sociais de Loira e Sequeiro, respectivamente. O profesor e escritor Antón Cortizas encargarase de conducir as sesións, que se celebrarán bimensualmente, os mércores en horario de tarde. A iniciativa, que se dirixe aos veciños e veciñas a partir de 16 anos, é de balde e está previsto que comece este mes.


A aula de artes plásticas volverá estar guiada polo pintor Manuel Carballeira, que impartirá as clases en dous grupos. Ambos se realizarán os martes, de 16.30 a 18.30 horas e de 18.30 a 20.30. Esta actividade presenta un carácter interxeracional, xa que se dirixe tanto a nenos e nenas de 7 anos en adiante como a persoas adultas. A cuota mensual é de 22,12 euros, no caso dos menores de idade, e de 29,49 euros, para maiores de 18. As inscricións poderanse formalizar na Casa da Cultura, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica da web municipal.


Música e movemento, piano, percusión, guitarra e canto son as actividades que se ofrecen este curso en Sequeiro. Estas disciplinas póñense a disposición cunha cuota mensual de 10 euros. As aulas de música e movemento diríxense a alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil; piano, percusión e guitarra, a partir de 1º de Primaria e persoas adultas, e en canto poderán participar tanto pequenos a partir de 3º de Primaria como maiores. 

Esta semana remata o período de inscrición para as propostas artísticas en Valdoviño

Te puede interesar