O Consistorio nedense está a licitar as obras de pavimentación entre Liñares, Riocobo e Galanos, lugares situados na parroquia de Anca, cun orzameno que ascende a un total de 65.743 –IVE incluído–.
Os traballos proxectados, que se enmarcan no Plan Camiña rural 2025-26 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), contemplan a renovación completa dun camiño que, como explican dende o Concello, se atopa, na actualidade, “deteriorado polo uso”.
Contemplase, desta forma, tarefas de bacheado, limpeza de cunetas e aglomerado en quente nunha distancia superior a un quilómetro, ademáis de labores relativas á sinalización horizontal da estrada.
En definitiva, a actuación supón “a mellora das condicións de tránsito da pista, que da acceso tanto a vivendas como parcelas agrícolas”, asegura o Concello, concluíndo nas inmediacións da igrexa dos Remedios.
Todas aquelas empresas interesadas en levar a cabo estes traballos poderán presentar a súa oferta ata o próximo xoves día 3. Os pregos técnicos da proposta están a disposición pública no perfil do propio Consistorio dentro da Platadorma de Contratación do Sector Público.