O Concello de Neda avanza o programa da edición XXIV da famosa Festa do Pan

O Concello de Neda avanza o programa da edición XXIV da famosa Festa do Pan
A Festa do Pan ten lugar o primeiro domingo de setembro I EMILIO CORTIZAS

O goberno nedense deu a coñecer o programa da cita local máis importante do ano, a Festa do Pan.
As panaderías, nomes que xa se coñecían de antemán, abrirán os seus postos o 1 de setembro ás 10.00 horas, que coincide cos postos dos artesáns e artesás en búsqueda de igualar o medio centenar de participantes da edición pasada. Para poñer banda sonora Berros do Castro ten preparados pasarrúas pola contorna.


O pregón está programado para as 13.00 horas da man de Ana Ares Pernas, directora do Campus Industrial de Ferrol da UDC, e dará paso aos gañadores do concurso de empanadas e a unha sesión vermú amenizada por Los Zares.


O Xantar Popular –cun custo de 22 euros e para o que é necesaria a previa compra dun ticket no punto habilitado no paseo–, composto por pan, empanada, langostinos, xamón asado, bebida, postre e café , comezará ás 14.00 horas.


A primeira hora da tarde chega a quenda dos máis pequenos, que poderán participar nun obradoiro de elaboración de pan con inscripción in situ.


Aínda queda por desvelar o cartel dunha noite que xa ten renome en solitario. A Noite de Bolos é a antesala da festividade, que se celebra o sábado previo, e ten unha afluencia de público casi equiparable.


A cita está catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia e conta con máis de 30 edicións, foi no 1979 cando os veciños decidiron xuntarse para incentivar a panadería como actividade impulsora económica da localidade e, como demostran as cifras, crearon tradición.

O Concello de Neda avanza o programa da edición XXIV da famosa Festa do Pan

Te puede interesar