Comeza no Ayala e o Virxe do Mar o programa de seguridade viaria “Bica e arrinca”

Os colexios Ayala e Virxe do Mar participan tamén este curso no programa municipal “Bica e arrinca”, impulsado pola Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe o edil Guillermo Sánchez Fojo. Nas inmediacións do acceso a estes dous centros educativos da cidade establecéronse xa os espazos nos que os pais e nais poden parar temporalmente para que os seus fillos e fillas se baixen do coche e accedan ao recinto escolar, evitando malos estacionamentos e problemas na circulación.
Sánchez Fojo destacou o feito de que “a través do equipo de Educación Viaria temos a oportunidade de ampliar este programa, co que apostamos por garantir a maior seguridade posible nos accesos aos centros escolares á hora de entrar e saír, evitando unha aglomeración de vehículos que pode chegar a representar un perigo para os menores”. Deste xeito, de luns a venres, entre as 8.30 e as 9.10 horas, estará operativa a iniciativa, se ben no colexio do Feal tamén se contempla horario de tarde, de 16.00 a 16.40 horas. Os espazos están perfectamente sinalizados para que as familias saiban en todo momento onde poden parar os vehículos e despedirse dos seus fillos, evitando malos estacionamentos e aglomeracións de vehículos ás portas dos centros escolares.
O programa funciona desde o pasado ano nos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros e O Feal e a acollida que obtivo desde entón, así como a que está recibindo no Ayala e no Virxe do Mar “é moi satosfactoria, logrando a implicación total dos pais e nais con menores matriculados neses centros”, asegurou Sánchez Fojo. O edil agradeceu “a colaboración e implicación tanto dos centros educativos como das familias que nos axudan a que estas iniciativas en materia de educación viaria sexan un éxito na nosa cidade, que hoxe en día é todo un exemplo para moitos concellos e incluso noutros países”. Ao respecto recordou a recente concesión en Bruxelas do premio á Excelencia en Seguridade Vial. l

Comeza no Ayala e o Virxe do Mar o programa de seguridade viaria “Bica e arrinca”

Te puede interesar