A CAPELA - “Seguiremos traballando como ata o de agora, contando con todos”

A CAPELA - “Seguiremos traballando como ata o de agora, contando con todos”
Alcalde A Acapela Manuel Meizoso

Encarou as eleccións municipais co obxectivo de lograr a maioría absoluta. Non só o acadou, senón que os votos recibidos o 24 de maio permitiron ao PSOE da Capela pasar de catro a seis edís, dos nove que conforman a corporación municipal. “Para nós foi moi positivo, non agardabamos tanto”, comenta Manuel Meizoso, que continuará catro anos máis como rexedor.

¿Que pensa que valoraron os veciños da Capela para respaldar a súa xestión?
Pois a verdade é que non o sei. Creo que fixemos catro anos dun goberno estable, que xestionou ben os recursos. Este é un municipio pequeno, e temos que aproveitar moito os recursos existentes.

¿Cambiará a maioría absoluta o xeito de traballar do goberno socialista?
Non, para nós non variará o xeito de gobernar. Seguiremos traballando como ata o de agora, contando con todos, informando a todos, tanto á oposición como aos veciños. Propoñeremos o mesmo sistema de reunións e xuntas de voceiros para abordar os temas.

¿Cales serán as súas prioridades nos vindeiros catro anos?
Se a crise nos deixa traballar e se contamos con máis axudas, temos moitas ideas, pero que teremos que ir desenvolvendo en función da dispoñibilidade económica.

Comezará o novo mandato coa boa e recente nova da licitación por parte da Xunta da construción do novo centro de saúde de As Neves. ¿Como valora este asunto?
É unha boa noticia, sobre todo despois das moitas chamadas e reunións celebradas. A verdade é que é moi necesario. É un bo comezo ao que tamén hai que engadir a herdanza de dúas hectáreas de terreo que nos vén de deixar un veciño no seu testamento. Miraremos que se poderá facer nel.

¿Que lle gostaría ter cumplido ao rematar o novo mandato?
Moitas cousas. Entre elas, ter concluida a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que xa está iniciada.

A CAPELA - “Seguiremos traballando como ata o de agora, contando con todos”

Te puede interesar