O BNG da comarca festexou no municipio de Narón o Día da Patria

Os nacionalistas animan á cidadanía a tomar parte na manifestación do 25 de xullo
O BNG da comarca festexou no municipio de Narón o Día da Patria
O deputado no Congreso, Néstor Rego (centro da imaxe) | Daniel Alexandre

As inmediacións da praza do colexio de Xuvia, en Narón, acolleron este sábado un acto aberto á cidadanía organizado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) da comarca para conmemorar o Día da Patria. Na cita –baixo o lema este ano de “Galiza Sempre, unha nación en marcha pola súa soberanía”– tomaron parte a portavoz da formación na localidade, Olaia Ledo; a responsable comarcal, Pilar Lozano; e o deputado no Congreso, Néstor Rego. A nota musical ao evento púxoa a formación Vai Rañala Meu!.


A formación resaltou que esta celebración non se trata soamente dunha data simbólica no calendario, senón “da expresión da voltade do pobo galego de avanzar cara a un marco político no que Galiza poida exercer plenamente os seus dereitos”.

Dia da Patria BNG Naron Daniel Alexandre2
Daniel Alexandre


Rego fixo fincapé na súa intervención no apoio social cara ao BNG, do que aseverou que “representa o motor dun cambio necesario e profundo no noso país. Aspiramos a construír unha Galiza soberana e con futuro, aproveitando as nosas potencialidades e garantindo o benestar da cidadanía”, remarcou.


O deputado nacionalista quixo subliñar tamén “a traxectoria limpa da formación”, destacando no que respecta á súa presenza en Madrid, o feito de que “nunca facilitaremos un goberno da dereita ultra e da ultra dereita”. Desde o BNG animan á sociedade galega a participar na manifestación que percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro 25 de xullo

O BNG da comarca festexou no municipio de Narón o Día da Patria

Te puede interesar