O autobús do teatro leva ao “Terceiro acto” en Compostela

A iniciativa dispón de dúas paradas, nos concellos de Fene e Cabanas, que se realizarán a vindeira semana
O autobús do teatro leva ao “Terceiro acto” en Compostela
O espectáculo contará con novos actores con respecto a estrea | Cedida

O Centro Dramático Galego propón facilitar a asistencia á representación de “Terceiro Acto”, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, este venres. A obra, que comezará ás 18.00 horas, foi escrita e dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez. Os veciños dos concellos de Fene e Cabanas compartirán autobús para desprazarse até a capital galega, con saídas ás 15.45 e ás 16.00 horas, respectivamente.


A casa consistorial será o punto de recollida para o primeiro destes dous municipios, mentres que ao segundo corresponderá  a parada localizada na avenida Areal, fronte á de taxis. Os interesados en participar, deberán reservar a súa praza nas respectivas concellerías de Cultura, ou por teléfono. No caso fenés, disponse o prazo máximo do 1 ao 9 de outubro e o número 981 340 366, en horario de 9.00 a 13.00. Por outro lado, o contacto para subir en Cabanas é o 981 495 959, extensión 3. Este proxecto, nomeado “Sobes ao autobús do teatro?”, ofrece o desprazamento de balde, aínda que será necesario aboar a entrada, que ten un custe de 5 euros.

 

Funcións


A xira da obra non foi posible en 2021 pola pandemia, polo que a produtora propón diversas datas para retomar o proxecto. Así, o día 26 chegará ao Pazo da Cultura e o 10 de no-vembro ao auditorio de Cedeira. l

O autobús do teatro leva ao “Terceiro acto” en Compostela

Te puede interesar