Asotrame e o CEIP A Solaina presentan un vídeo polo Día Internacional da loita contra o cancro infantil

Asotrame e o CEIP A Solaina presentan un vídeo polo Día Internacional da loita contra o cancro infantil
asotrame y ceip a solaina

A Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea, Asotrame, celebra hoxe o Día Internacional da loita contra o cancro infantil a través da presentación dun vídeo feito polo alumnado do CEIP A Solaina de Narón, baseado no conto “Como converterse en capitán”  -creado por Asotrame-.

Dentro do obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre o cancro, nenas e nenos deste centro educativo, guiados polas súas profesoras, mergúllanse nunha historia que transcorre entre barcos e piratas. "Este tipo de iniciativas convértense nunha ferramenta sinxela para dar resposta a esas dúbidas e preguntas, e explicar de modo comprensible a nenas e nenos os temas máis complexos", comentan desde Asotrame.

“Como converterse en capitán” foi elaborado pola escritora Ángela Triana Seoane e o ilustrador Xavier Loureiro Villamisar e enmárcase dentro do programa “Reflejos de Vida” co que conta Asotrame.
 

Asotrame e o CEIP A Solaina presentan un vídeo polo Día Internacional da loita contra o cancro infantil

Te puede interesar