A alcaldesa de Narón insta á Xunta a que adoite medidas contra os estragos do xabarín

A alcaldesa de Narón insta á Xunta a que adoite medidas contra os estragos do xabarín
Estado no que amenceu o parque Río Freixeiro o venres tralo paso dos xabarís

O parque do Río Freixeiro presenta desde o venres importantes danos nas zonas verdes causados por xabarís. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asegura que “a primeira hora da mañá os desperfectos causados por estes animais salvaxes no céspede podían verse nas inmediacións do parque infantil, xunto ás pasarelas que cruzan o río e tamén nas inmediacións da Oficina de Turismo”, dixo. 
Ante a problemática que está causando desde hai tempo a fauna salvaxe no municipio, a rexedora local reiterou á Xunta a urxencia de adoitar as medidas que sexan necesarias para tratar de solventar os problemas derivados dos danos que está causando. “A Xunta de Galicia ten que tomar cartas no asunto canto antes. Non pode permanecer allea a unha situación  que afecta tamén aos núcleos urbáns, como neste caso”, asegurou, ao tempo que incidiu no perigo que representan “os xabarís que xa se poden ver en numerosas ocasións polas estradas, co risco que iso supón para as persoas ante posibles accidentes” de tráfico e peóns.
Ferreiro recordou que hai tan só uns días representantes de varios concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, entre eles o de Narón, mantiveron unha xuntanza en San Sadurniño para analizar os problemas que a fauna salvaxe está causando en plantacións veciñais que posúen explotacións agrarias ou mesmo cultivan produtos da horta, coas importantes perdas que ocasiona nas súas economías. 
“O malestar da veciñanza é palpable desde hai anos e os perxuízos causados polos xabarís son cada vez maiores debido a que se incrementa a súa presencia ante a falta dunha resposta axeitada por parte da Xunta de Galicia, administración con competencias nesta área, para erradicar o problema”, sostivo a alcaldesa de Narón, quen subliñou que “os alcaldes da zona tratamos de colaborar coa Dirección Xeral de Patrimonio trasladándolle a situación e posibles liñas de actuación para solventala, porque a medida que pasa o tempo, ante a pasividade da Xunta, está agravándose dun xeito alarmante”.
A alcaldesa asegura que “desde o Concello xa anunciamos a nosa máxima colaboración, dentro do marco das nosas competencias, para controlar a presencia de fauna salvaxe, especialmente de xabarís, que tantos danos están ocasionando na zona”, subliñou Ferreiro. l

A alcaldesa de Narón insta á Xunta a que adoite medidas contra os estragos do xabarín

Te puede interesar