• Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Aberto o prazo de matrícula en oito cursos do programa Cemit que se impartirá en Narón

A concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Natalia Hermida, anunciou a apertura, onte, do prazo de inscrición en oito cursos da plataforma Cemit. En total ofértanse as seguintes sesións

Aberto o prazo de matrícula en oito cursos do programa Cemit que se impartirá en Narón
En total ofertaranse case cincocentas horas de formación | d. alexandre
En total ofertaranse case cincocentas horas de formación | d. alexandre

A concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Natalia Hermida, anunciou a apertura, onte, do prazo de inscrición en oito cursos da plataforma Cemit. En total ofértanse as seguintes sesións: Busca de emprego en internet; Internet e correo electrónico; Tratamento de textos; Follas de cálculo; Bases de datos; Presentacións gráficas; Iniciación á contabilidade e facturación e Presentacións dixitais eficaces. Hermida recordou que poderán asistir un máximo de doce persoas por curso.
O Curso de Busca de emprego en internet, de 48 horas, impartirase do 17 de setembro ao 2 de outubro; o de Internet e correo electrónico (30 horas) será do 3 ao 15 de outubro; o de Tratamento de textos (50 horas) do 16 de outubro ao 2 de novembro; o de Follas de cálculo (50 horas) do 5 ao 21 de novembro; o de Bases de datos (40 horas) do 22 de novembro ao 7 de decembro, e o de Presentacións gráficas (30 horas) do 10 ao 19 de decembro. Todas as formacións desenvolveranse en horario de mañá, entre as 9.30 e as 13.30, se ben pola tarde, de 16.00 a 20.00, serán os de Iniciación á contabilidade e facturación, de 200 horas, que se imparten do 17 de setembro ao 28 de novembro, e Presentacións dixitais eficaces (48 horas), do 29 de novembro ao 17 de decembro. “No último cuadrimestre do ano ofertaremos case cincocentas horas de formación na Aula Cemit, cun custe que ronda os 7.000 euros a través do Programa municipal de Formación en Novas Tecnoloxías, financiado íntegramente polo Concello e que contempla unha previsión de 2.100 horas ao ano”, subliñou Natalia Hermida.
As persoas que desexen anotarse deberán darse de alta na web Cemit para, a continuación, acceder á url do centro Cemit Narón no espazo web: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48-, donde poderán ver tódalas actividades que se desenvolverán no centro localizado en Xuvia e reservar praza. Así mesmo, Hermida recordou que a partir do vindeiro luns, 3 de setembro, reabrirase a Aula Cemit de Xuvia, de 11.30 a 13.30 horas, podendo solicitar aquí axuda para facer os trámites oportunos para solicitar praza . l