A utilización do Paseo da Calzada, en Cambados, que é de titularidade de Portos de Galicia, volveu onte a xerar unha liorta entre o Concello e o organismo autonómico. O motivo foi a conmemoración do Día das Letras Galegas, na que se instala un palco para unha pequena actuación dos escolares nas inmediacións do monumento na honra de Ramón Cabanillas. Pois ben, o Concello non solicitou o permiso correspondente a Portos, ao igual que nos últimos corenta anos, e este foi o motivo polo que un vixiante do ente público presentouse no lugar para reclamalo en aras a que se cumpra a normativa ante calqueira eventualidade que poidera suceder. Ao final, o goberno local pasou polo aro e in extremis acadou o permiso preceptivo para que non se suspendera a actividade.