Ferrol Viernes 14 de Noviembre de 2008


Ardora regresa esta noite con once novas actividades

REDACCIÓN > FERROL

Hip-hop, obradoiros de maxia ou de elaboración de curtas de cine, animación en flash, talleres de risoterapia ou percusión africana e de rastas, son algunhas das actividades incluidas na nova programación de Ardora, que arranca esta noite na Casa da Xuventude e no Pavillón do Ensanche.

En total son dezaseis as actividades que compoñen a programación desta campaña de ocio nocturno para mozos. Delas, once son completamente novas, froito das achegas e peticións que realizou ao longo dos últimos meses a mocidade do concello. Así, ademais dos talleres citados anteriormente tamén se impartirán obradoiros de fabricación de atrapasoños, frores de arame, decoración de uñas ou sales de cores, así como os tradicionais de elaboración de pulseiras de coiro, abalorios, Swarosky os clases de capoeira.

Algunhas destas actividades son continuación dos Obradoiros de Outono, que se levan a cabo polas tardes. De feito, foron moitos dos participantes nestas actividades os que propuxeron repetilas no espazo de Ardora.

Beatriz Sestayo, concelleira de Xuventude, Benestar Social e Solidaridade, durante a presentación da nova programación lembrou que os talleres desenvolveranse de xeito ininterrumpido tódolos venres e sábadoss, entre as dez da noite e a unha da madrugada, ata que remate o ano.

Así mesmo, a concelleira animou a todos os mozos de Ferrol, xa que non hai límite de idade, a achegarse tanto pola Casa da Xuventude como polo Pavillón do Ensanche para participar nas accións programadas.

Sabactivos > Ademais, Sestayo tamén lembrou que a partir de mañá o Carvalho Calero retoma a oferta de ocio infantil para nenos de entre 3 e 12 anos de idade.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |