Ferrol
Viernes
12 de Marzo de 2010
O BNG teme a exclusión de Ferrol da rede de altas prestacións viarias
A mellora das infraestructuras ferroviarias sempre foi unha teima da formación nacionalista ac jorge meis redacción > ferrol
Ferrol corre o risco de ficar excluída da rede de altas prestacións viarias. Así o considera o deputado nacional do BNG Francisco Jorquera, que asegura que a inclusión de Ferrol na rede de alta velocidade non é, nin nunca o foi, unha prioridade para o Goberno central.
Francisco Jorquera lembrou que dotar a Galiza de altas prestacións viarias sempre pasou por un eixo atlántico A Coruña-Vigo e unha liña Zamora-Ourense-Santiago, pero non pola conexión Ferrol-A Coruña, pola que sempre loitou o BNG. Para o deputado nacionalista, se non se adecua esta conexión, non só se produce unha falta de comunicación entre as dúas cidades senón que Ferrol non tería comunicación co resto do Eixo Atlántico nin con Madrid a través do AVE.
Dende que en 2003 se incluíu a primeira partida orzamentaria (un millón de euros) ata os seis de 2010 teríanse contemplado máis de 30 millóns, dos que, segundo Jorquera, practicamente non se ten executada ningunha partida.
O estado no que se atopan os proxectos tamén é un síntoma do interese que se pon dende o Goberno central. Así, o deputado lembrou que o primeiro estudo informativo do tramo Ferrol-A Coruña data do 2003. Despois se decide dividilo en dous subtramos e dende 2008 Ferrol-Betanzos está en estudo informativo sen rematar e, polo tanto, sen pasar a información pública. No caso de Betanzos-A Coruña hai tres propostas de trazado cunha intencionalidade, para o BNG, de crear rexeitamentos e retrasar esta infraestructura.
Os axustes orzamentarios do Ministerio de Fomento fan temer a esta formación política que a situación da conexión de Ferrol por ferrocarril volte sufrir retrasos.Jorquera apuntou que os expertos apuntan a que esta conexión non remataría ata 2019, polo que arriscámonos a que aínda se retrase máis, indicou o deputado nacional.
Ante esta situación, o BNG demandará que o Goberno central faga os mínimos e que se opta polo by-pass de Betanzos e a mellora de material ferroviario se conseguiría xa un percorrido de menos dunha hora de duración entre Ferrol e A Coruña. Sen por isto deixar de esixir que se trasnforme o tramo en alta prestación, con duplicidade da vía e electrificación, e se permita así a entrada futura do AVE.
Francisco Jorquera amosou a súa perplexidade pola actitude tanto do PP como do alcalde socialista de Ferrol, Vicente Irisarri.No primeiro caso, sinala que alertan agora da situación cando no Pacto do Obradoiro xa non figuran datas nen compromisos. Con respecto ó rexedor municipal, Jorquera considerou inaudito que esté calado e non faga oír a súa voz.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |