Ferrol
Viernes
12 de Marzo de 2010
O prazo de inscrición para a VI Xuntanza Tecnolóxica prolongarase ata o día 26
redacción > ferrol
O comité organizador da VI Xuntanza Tecnolóxica Empresa-Universidade que a Escola Universitaria Politécnica de Serantes celebrará no mes de abril -os días 15 e 16- manterá aberto ata o vindeiro día 26 o prazo de inscrición para todos aqueles estudantes interesados en participar -solicitáronse dous créditos de libre configuración-. Para apuntarse poderase cubrir o formulario que se atopa na web do evento -www.xuntanzatecnoloxica.com- e entregalo na Delegación de Alumnos do centro, promotora da iniciativa.
A Xuntanza Tecnolóxica ten entre os seus obxectivos facilitar o achegamento entre empresas, institucións de distintos sectores e os propios estudantes universitarios.
Para acadar este fin, deséñase en cada edición un completo programa no que se inclúen conferencias, obradoiros e seminarios a través dos que os alumnos reciben información de gran validez de cara a súa posterior inserción no mercado laboral. De feito, e como en anos anteriores, os alumnos poderán entregar os seus currículos ás empresas participantes. Entre as últimas novedades no tocante á organización do encontro, confírmase a celebración de tres talleres por parte do Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego aos Universitarios (SAEE) da Universidade da Coruña. A elaboración do currículo, as competencias profesionais e a forma de crear unha empresa propia serán os eixos centrais destes tres talleres. Para obter os créditos haberá que asistir a todas as actividades.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |