Comarcas
Viernes
3 de Octubre de 2008
Aberto o prazo de solicitude para entrar no programa de compostaxe
Na foto, un momento da primeira reunión informativa, o mércores na Liga de Amigos de Barallobre REDACCIÓN > FERROL
O Concello de Fene, a través do departamento de Servizos e Mantemento, dirixido pola nacionalista Inés Roca, abriu onte o prazo para participar no programa de compostaxe caseira. Na convocatoria prevense repartir un total de 30 composteiros cedidos polo Consistorio e as solicitudes poden presentarse no Rexistro municipal ata o vindeiro 10 de outubro, de 9.30 a 13.30 horas.
En función das solicitudes presentadas, a Concellería de Servizos de Fene estudará a posibilidade de ampliar o programa ou a participación nun novo o vindeiro ano, polo que se solicita aos veciños do municipio que presenten as súas solicitudes aínda que o número de peticións supere os composteiros dispoñibles.
No que respecta ao tema de compostaxe caseira, dende o Consistorio lembran que o pasado martes se celebrou unha charla informativa á que asistiron un cento de persoas. A xornada impartirona a edil Inés Roca e a técnico de Adega Desiree González, que explicaron as vantaxas tanto medioambientais como de aforro económico deste tipo de iniciativas e o funcionamento dun composteiro caseiro.
Dende o Concello de Fene indicouse que as persoas que participen no proxecto recibirán os primeiros meses asesoramento técnico por parte de responsables de Adega.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Sucesos | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |