Covid-19, cisne negro

Sairemos da actual situación límite grazas á responsabilidade social. E cando isto aconteza os gobernos deberán corresponder con medidas que garantan o dereito ao traballo, á saúde, á educación e a liberdade sen escusas e sen intermediarios.

Até hoxe o Estado limitouse a actuar no plano político, concentrando o poder a redor de si e  restrinxindo as liberdades da poboación que agardemos non teñan consecuencias futuras. Pero o Covid_19, que como un suposto cisne negro apareceu sen marxe para a reflexión debe servir para cambiar o paso no económico do acontecido até agora e non empregarse como chivo expiatorio para escusar as decisións adoptadas no pasado e as que se tomen no futuro.

Se queremos corresponder a unha sociedade responsable as administracións públicas deben abandonar a senda da austeridade económica reproducindo políticas de inxección de liquidez nos bancos e comezar a gastar os cartos en investimentos e servizos públicos. 
As axudas económicas teñen que chegar directamente aos milleiros de autónomos e pemes a través de entes públicos e o Estado debe garantir que non se produzan máis despidos nunha sociedade que nuns meses terá centos de explicacións de porque aconteceu o que supostamente era impredicible.

Covid-19, cisne negro

Te puede interesar