Narón Sábado 15 de Noviembre de 2008


 

A biblioteca do Alto pechará os días 17 e 18 para renovar os equipos

REDACCIÓN > FERROL

O Consistorio naronés, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida pola edila Paloma González (PP), procederá á renovación dos recursos informáticos da biblioteca municipal do Alto do Castiñeiro. Por este motivo, as instalacións permanecerán pechadas os días 17 e 18 deste mes, reabrindo o 19 coas novas prestacións xa dispoñibles. O Concello destinará algo máis de 30.000 euros á intervención.

Os trinta postos informáticos existentes serán renovados, o que repercutirá nunha serie de melloras. Pantallas de máis polgadas, ratos ópticos e gravadoras de CD e DVD en tódolos equipos, así como conexións para cámaras dixitais, serán algunhas das novidades. A finalidade é que os usuarios poidan traballar co seu material dixital libremente e con total privacidade, segundo se subliñou.




Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |