Narón
Sábado
15 de Noviembre de 2008
Veciños de Sedes solicitan servizos axeitados e proporcionais á zona urbana
Un momento da rolda de prensa celebrada onte no Consistorio LUIS POLO LORENA ROMERO > FERROL
O Grupo de Traballo para o Desenvolvemento socioeconómico de Sedes, formado por unhas 50 persoas, presentou oficialmente onte no Concello de Narón as súas liñas de actuación para o programa de referencia 2008-2009.
A AVV Rosa dos Ventos; a Asociación de Mulleres Rurais de Sedes; Eiravedra; Fororural; Empresarios de Sedes e colaboradores individuais forman parte do Grupo de Traballo para o desenvolvemento socioeconómico de Sedes. A edila de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, valorou onte a importancia do traballo impulsado polo colectivo, que pretende mellorar a calidade de vida na parroquia.
Coñecedores de que os veciños de Sedes comparten un modelo de vida distinto ao da zona urbana do municipio, éstes organizáronse para esixir o dereito á igualdade, tal e como indicaron.
O obxectivo fundamental do programa é que Sedes poida ser algún día un modelo de desenvolvemento sustentable e referencia económica, e cremos que iso é posible coa colaboración doutras administracións, indicou Francisco Fernández, un dos integrantes do colectivo.
Os membros do Grupo de Traballo demandan para o rural servizos axeitados e proporcionais aos da zona urbana, en áreas como infraestruturas, actividades, mantemento e servizos urbanísticos, entre outras. A construción na parroquia dunha vivenda para asistidos xunto ao centro cívico; un recinto feiral; axustes e reforce do servizo de transporte; e un médico, enfermeira e un fisioterapeuta que poderían traballar no local da Gandeira ou no centro social, son algunhas das demandas do colectivo. Éstes solicitan ademais que non se peche a escola unitaria e que poida estar operativa o vindeiro ano, e promoverán a convocatoria de roteiros etnográficos, sempre que haxa un mínimo de participantes.
Limpeza de pistas, asfaltado, alumeado público, marquesiñas e limpeza de ríos forman tamén parte das demandas veciñais.
Estas solicitudes recolléronse ao longo dun ano, tal e como explicou o técnico munincipal Alfonso Filgueira. As mesmas son froito dun traballo de campo realizado en máis de 240 vivendas -e con 190 entrevistas a veciños-. Éste recoñeceu que se trata dun modelo perfectamente extrapolable a outras parroquias e para o que a edila Manuela Pérez Sequeiros ofreceu toda a colaboración e apoio da administración local.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |