O Concello expropia a última vivenda afectada polas obras do vial perimetral
Foron precisos máis de cinco meses para negociar o prezo que permitirá ao Concello expropiar a última vivenda afectada polas obras do vial perimetral da Gándara. A vindeira semana o consistorio pechará un acordo que, froito de numerosas conversas entre as partes, reportará aos propietarios da casa 290.000 euros. Tras aboar esta partida, a empresa adxudicataria das obras, Teconsa, terá luz verde para proceder a demoler o inmoble. Pero antes, tal e como explicou o alcalde, Xosé Manuel Blanco, será preciso realizar un modificado da obra inicialmente proxectada, unha actuación que se confía en pechar nas vindeiras semanas.
O BNG organiza unha charla o vindeiro día 17 para conmemorar o Día da Muller
O Bloque Nacionalista Galego de Narón súmase aos actos que nos últimos días se celebraron tanto no municipio como noutros concellos da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal para conmemorar a xornada do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones | Cartelera | Correo | |