A xente do común

Os tempos están a cambiar, os están a remudar moitas persoas traballadoras co seu compromiso feito de pequenas loitas, de difíciles exercicios de dignidade, tentando erguer barricadas de pan e rosas coas que modificar o arrepiante e bárbaro presente neoliberal. En cada localidade organizámonos para un tempo novo dun xeito propio, así imos da Barcelona en Comú a  Compostela Aberta na capital galega, e na nosa cidade, ese impulso transformador, chámase Ferrol en Común, e se vén construíndo hai anos co tecido solidario de tantas loitas compartidas. Cando as emerxencias sitian a vida da xente do común, a dificultan tanto ou a fan insoportable, as esquerdas temos que pór intelixencia e xenerosidade para producir unha ferramenta común e poderosa, un cañón de futuro que diría o cantor, que sirva para rescatar á xente con democracia, dereitos sociais e unha vida mellor e libertar de intereses mesquiños ao concello de Ferrol. Fagámolo en común, en Ferrol.

A xente do común

Te puede interesar