Recuperación?

Non haberá recuperación que valga mentras as cifras do paro e das afiliacións á Seguridade Social non retornen alomenos aos niveis previos á crise-estafa. En Galicia o goberno dos recortes, dos repagos e da compracencia coa corrupción e o machismo presenta un claro de balanzo negativo absoluto  e relativo. No noso país, trala subida do paro rexistrado, hai 236.447 persoas rexistradas no paro  das cales 162.934 non reciben prestación algunha. O número de persoas  que cotizamos á Seguridade Social é de 930.882, logo de perderse neste xaneiro máis de quince mil cotizacións, para estarmos case cen mil persoas cotizantes menos que hai sete anos, cando chegara Núñez Feijóo, aquel que dixera que ía arranxar o problema do paro en 45 días. Como vai notar a xente traballadora que saímos da crise que causaron as súas políticas en favor dos ricos cando non chega o básico para nós: o traballo estable e con dereitos. E os homes de negro da troika xa nos esixen máis recortes: case nove mil millóns. O neoliberalismo está esgotado, hai que cámbialo antes que destrúa  a nosa xente.

Recuperación?

Te puede interesar