QUE RECUPERACIÓN?

A publicación da enquisa de custo laboral reitera un dato estrutural negativo para a grande maioría traballadora do país. Outro ano máis de vacas flacas para a clase traballadora, que perdeu en termos de salario bruto medio anual un 0,1%, quedando por baixo dos vinte mil euros; somos a terceira comunidade cos salarios máis baixos, superando só a Extremadura e Canarias. A enquisa  descobre que os peores salarios están nos servizos con baixo valor engadido, precisamente o mollo do pouco, temporal e precario emprego creado en Galicia. Os salarios máis elevados atópanse na industria, o sector no que Núñez Feijóo perdeu no seu sexenio de crise e recesión máis de 50.000 postos de traballo. Esa perda salarial contrapóñese co crecemento dos beneficios das grandes empresas e bancos rescatados a conta nosa coas políticas do PP. Esa recuperación non é real para a maioría social e cómpre que esta calle nunha alianza política de unidade popular, que poña os seus intereses, en forma de transformación social, na axenda do vindeiro goberno.
 

QUE RECUPERACIÓN?

Te puede interesar