Nicanor e Hassanna

As políticas do cambio as executan persoas. Persoas das imprescindibles cuxo comportamento arriscado, xeneroso e constante  está  a cambiar as nosas vidas, a nosa sociedade. Son o espello incómodo dos capataces do poder, que non atura a súa limpeza  moral e o seu compromiso. Son persoas que metabolizan ideais e valores nunha actuación de todos os días a prol das causas xustas que as políticas neoliberais esnaquizan: para evitar desafiuzamentos no caso de Nicanor Acosta, ou na defensa dos dereitos do pobo saharaui no que fai a Hassanna Aalia.  A súa mención quere significar a cantos se xogan todo polos intereses do común, non polo éxito, os beneficios materiais ou outras mezquindades. Os nomeo por que nestes días unha lei inxusta e un goberno cómplice os quere castigar. A Nicanor o xulgan por opoñerse ao desafiuzamento dunha anciá. A Hassanna néganlle asilo e o queren deportar a Marrocos, que ocupa a súa patria. Eles forman parte da humanidade que negan leis inxustas e gobernos corruptos e dictatoriais. Teñen que ser o futuro.
 

Nicanor e Hassanna

Te puede interesar