MENTIRAS FEIJÓO

Atreverase o presidente das mentiras, Núñez Feijóo, a pisar Navantia? Farao con disimulo, aproveitando a botadura –mal planificada e feita a costa de deteriorar as condicións de traballo– do flotel? Será prudente dada as mentiras que nos adebeda? Porque o flotel é a única embarcación real daquela  gran armada invencible  que anunciara para tentar gañar as eleccións no ano 2012, composta de 21 barcos entre quimiqueiros, remolcadores e outros… hoxe afundidos nos sargazos das mentiras do presidente. Feijóo sigue debendo a esta terra, á súa xente, demasiadas cuestións de vida ou morte: a comezar polo  dique flotante, que outro ano máis non virá para Ferrol se segue a mandar o PP segundo se desprende do proxecto de orzamentos; o BAM para unhas gradas baleiras logo da botadura; o desenvolvemento do novo modelo de fragata… os máis de catro mil postos de traballo nas industrias auxiliares destruídos polo fogo das mentiras de Feijóo, da súa armada vencida.
 

MENTIRAS FEIJÓO

Te puede interesar