Emprego e cidade

Non hai futuro sen recuperación efectiva do emprego estable e con dereitos e a xornada completa, que é a condición material que permite ás familias planificar minimamente a súa vida (o máis importante) e mesmo conxugar o verbo consumir, tan querido polas  empresas para realizar beneficios no mercado. Os dados da EPA volven a negar a prometida e anunciada recuperación e son pésimos para Ferrol. A taxa de paro está no 26% (6 puntos máis que hai 4 anos, 13 puntos máis que cando chegou Feijóo ao goberno); e a taxa de ocupación caeu 8 puntos nos seis anos de mandato Feijóo. Pagará o PP campañas publicitarias en A ou en B, pero as súas mentiras e ineficacias as paga unha cidade chea de posibilidades pero á que lle negan o pan e o sal da carga de traballo no naval, o dique flotante, unha política de reindustrialización e o pulo necesario dos servizos públicos: aí atópase o emprego que necesitamos e o benestar que nos corresponde, na derrota das políticas de dereitas.   

 

Emprego e cidade

Te puede interesar