Xustos termos

Lembro a cantidade de saliva gastada na Compostela dos primeiros oitenta a raíz de que unha coñecida parella de profesores da Universidade manifestara que practicaban sexo con total naturalidade diante de seu fillo pequeno. O episodio veume á cabeza lendo as últimas noticias sobre o pouco claro asunto organizado ao redor da rara enfermidade da cativiña Nadia. Agora, ademais da presunta estafa –como se non as houbese abondas e de bastante maior calado–, ao que parece, atopouse un pendrive con imaxes de “carácter sexual explícito”, practicado polos pais con ela diante. Aínda que eu nunca o faría, xa sabemos que “hay gente pa tó” e, se nas imaxes non hai máis ca iso, non me estraña que o matrimonio estea escandalizado e se sinta ofendido por informacións difundidas. E con isto non quero restarlle importancia ningunha aos feitos. Mais, tampouco os considero noticia de grandes titulares, como debería selo a de que a Fiscalía de Gipúzkoa estuda se querelarse contra o exvicario por abusos sexuais a dous menores hai uns anos.
 

Xustos termos

Te puede interesar