Savonarola volve

Que a liberdade de expresión en España leva certo tempo ameazada é unha incontestable evidencia. Mais non recordo nos días da miña vida, que xa non son poucos, ter visto tres episodios de censura e represión, que me semellan graves, nun período de tempo tan breve: a retirada dunha obra de arte, o secuestro do libro Fariña e a condena do rapeiro Valtonyc. No caso da retirada da obra de Santiago Sierra “Presos políticos en la España contemporánea”, composta por 24 fotos pixeladas, da exposición Arco de Madrid parece que a organización quere dar marchar na súa decisión, o que non sería mala cousa, se iso for posible. Porque entendo que algo terán que dicir o propietario, a galerista e o propio artista. Verase no que acaba esta “graza”. Sabemos que a Tatxo Benet, o propietario da obra, o feito da censura pareceulle intolerable, escandaloso e inexplicable nun Estado democrático e con liberdade de expresión. Mais se atendemos a que tanto o PP como o PSOE -a suposta esquerda- se mostraron partidarios da retirada, haberá que empezar a preguntarse se ese modelo de Estado segue sendo tan así. 
 

Savonarola volve

Te puede interesar