Rotondas e medallas

Cabanas, onde meus pais acabaron por mercar un apartamento que aínda hoxe desfruta meu irmán. Logo virían anos en Cedeira e areais da contorna coruñesa (Barrañán, Bastiagueiro, Mera...) e despois os da Costa da Morte (Estorde, Ézaro, Sardiñeiro, Langosteira, Mar de Fóra, Carnota...). Curiosamente, ata hai ben pouco, apenas fóra a Valdoviño, o lugar ao que case sempre adoito ir nos últimos anos. Resúltame, con diferenza, o máis cómodo. 
En estando bo tempo, acudo case a diario e confeso que non recordo ter atopado maior tránsito. É por iso que non entendín, e sigo sen entendelo, o motivo de pintar recentemente unha rotonda na estrada que baixa á praia. Primeiro, porque non lle vexo utilidade de ningunha caste, por alí circula todo o mundo a modiño.
 E segundo, e isto xa parece de chiste, porque é imposible de facer sen pisar as raias. Aínda me lembra –e vai para corenta e nove anos que saquei a carta de conducir– cando na autoescola nos dicían que as raias continuas e as das rotondas non se podían pisar, había que entendelas como se fosen muros. 
Nas case cinco décadas pasadas desde aquela foron mudando unhas cantas cousas do código da circulación, mais esa de non pisar tales espazos segue tal cal, ou iso penso. Xa que logo, que tería que facer para acceder á praia sen vulnerar o código da circulación? Ir por outro lado, pois por aí creo que non pasa, sen pisar as raias, nin o auto máis pequeno dos que hai no mercado. 
Mesmo diría que non sería moi doado evitar as raias facendo manobras con marcha atrás incluídas. Xa non digamos un bus. 
O desconcerto á vista daquilo é total. Se cadra, e malia entender que aí non faría falta rotonda ningunha, poderíalle achar unha certa e espuria xustificación –a do peto de alguén, naturalmente– se se construíse unha desas –das de gastar ben o carto, con barco ou estatua incluída– que se fixeron a mares aquí ou acolá. Dese tema saben tamén en Portugal, froito desa política do novo-riquismo das rotondas, das autoestradas en exceso, dos estadios de fútbol... –parafraseo José Jorge Letria– que alí impuxo o cavaquismo. 
E miren vostedes por onde, Aníbal Cavaco Silva, o artífice desas nefastas políticas, que levaron Portugal a un forte empobrecemento en todas as ordes, acaba de ser galardoado polo goberno da Xunta coa medalla de ouro de Galicia. No dicir do o presidente Núñez Feijoo, por ter sido un cooperador leal, un dirixente sensato, un amigo de Galicia. En fin.

Rotondas e medallas

Te puede interesar