Rafael Pillado

Para que queredes un poeta vivo / se non sabedes que facer con el; / matádeo e celebrádelle as pompas”, din aqueles versos, xa corentóns, como quen di, de Alfonso Pexegueiro, excelente poeta caído no esquecemento, ou case. Por estes lares, é verdade, adoitamos ser moito de pompas fúnebres. Porque os mortos xa non serán quen de ensombrecer as nosas mesquindades, xa non avivarán os nosos ciumes. De repente, os mortos, ou mortas, pasan a ser seres encantadores. Abonda con ir a un enterro católico e escoitar as loubanzas todas que os sacerdotes oficiantes lles dirixen a xentes que non coñecían de nada. É por iso, porque sempre estiven convencido de que as homenaxes hai que facelas en vida, que recibín con moito agrado o anuncio do recoñecemento público que na tarde-noite de hoxe se lle vai tributar a Rafael Pillado, organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán. Pillado cumpre 75 anos, boa parte deles dedicados a loitar na defensa dunha vida mellor para os traballadores e para os sectores máis desfavorecidos desta sociedade tan inxusta. Boa ocasión para agradecerllo. Parabéns, amigo.
 

Rafael Pillado

Te puede interesar