Protección

Antonte, como adoito facer a diario, estaba vendo un dos informativos das tres onde deron a noticia do grave accidente sufrido por Ángel Nieto cando circulaba nun quad. Vendo as imaxes e escoitando as palabras do informador o primeiro que  me preguntei foi: E o casco? Por alí non había ningún obxecto semellante e ninguén falou do asunto. Xa de madrugada, procurando información ben diferente, sobre un fado, aparecéronme unhas páxinas sobre o accidente de Nieto e reviseinas por se traían algunha novidade sobre o seu estado. Pouco novo había, agás que na noticia de El Pais aparecía que non levaba casco no momento do accidente porque ía realizar un curto traxecto. Iso cadrábame e ademais é algo común. Xa onte, escoitei as declaracións dun testemuña manifestando rotundamente que cando saíra, ao escoitar o golpe, non levaba o casco posto e non llo quitara ninguén. Segundo el, ou non o levaba posto ou co golpe se lle sacara. A cuestión parece clara. Non vexo, pois, que interese pode haber en afirmar que o levaba posto. Un casco non se solta así como así. 
O que foi, xa foi, e o que resta é que Nieto se recupere totalmente e que se tire a lección de que o casco protexe.

Protección

Te puede interesar