Paxariños preñados?

Escribín estas liñas o 9 de agosto, polo que, malia ser agosto, mes inhábil a moitos efectos, se cadra se produciron novidades no tema tratado. O motivo non foi outro que o de deixar o traballo feito –ese que, segundo o dito popular, non corre presa– horas antes de iniciar unha curta viaxe alén os Pirineos. A semana anterior, no transcurso dun fermoso paseo por augas do Cantábrico, na xeitosa lanchiña dun amigo, iamos falando da necesidade -a cada paso maior- de limitar a presenza dos nosos políticos en todas as institucións. Desde os concellos á presidencia do goberno. É unha certeza que con presenzas continuadas –aínda que sexan breves, catro, oito anos máximo– en postos de representación acaban convertendo os eleitos en políticos profesionais e degradando os funcionamentos democráticos. Ademais, en política –penso que como en todo– non hai imprescindibles, como poden pensar os que ocupan os cargos. O último Mariano Rajoy, que xa esqueceu que é presidente cos votos que C’s lle deu froito dun pacto de investidura no que figuraba a limitación de mandatos, como agora lle recordan. Acreditaban que era de fiar?
 

Paxariños preñados?

Te puede interesar